A agrupación cultural ultima o programa do festival ‘Orcellón Fala e Canta’

Avantar publicará un libro cos poemas do recital ‘Tasca e Literatura’ do Carballiño

O recital ‘Tasca e Literatura’ xuntou a poetas e veciños amantes da poesía e para falar das cousas e xentes do Carballiño. A agrupación cultural Avantar anunciou a próxima publicación dun libro que recollerá poemas dos autores participantes nesta actividade que xa cumpliu os 20 anos. A entidade tamén ultima o programa de ‘Orcellón Fala e Canta’, que se celebrará os fins de semana de maio.
A agrupación cultural Avantar, no Carballiño, celebrou onte unha nova sesión de ‘Tasca e Literatura’, unha actividade que se puxo en marcha fai 20 anos, na que se xuntan escritores e veciños en xeral para recitar e conversar sobre diversos temas de actualidade ou da historia de Galicia. A Bodega do barrio de Flores acolleu unha vez máis a algúns incondicionais como Víctor Gulías, Víctor Viñal ou Concha Rousía, e outros invitados para esta ocasión como Felipe Senén ou Sonia Morán.

O recital poético e a memoria sobre o Carballiño e as súas xentes acapararon a atención dos asistentes durante as dúas horas que durou o encontro.

Víctor Gulías adiantaba que antes de que remate este ano ou a principios do que ven publicarase unha escolma dos poemas recitados polos distintos autores que levan participado en ‘Tasca e Literatura’.

Programa


Por outra banda, a agrupación atópase neste intre totalmente inmersa na organización do que será a cuarta edición do festival ‘Orcellón Fala e Canta’, que empezará o próximo día 8 de maio e se desenrolará ó longo dos fins de semana do mismo mes.

Un total de 15 locais da hostelería do Carballiño colaboran co festival, convertíndose no escenario das actuacións e actividades contempladas no programa. A música acapara unha boa parte do mesmo, con concertos de grupos coma o ourensano Sonoro Maxín ou os carballiñeses a Banda Desarmada e os Cambotes. O catautor Roberto Sobrado e o grupo Ataque Escampe presentarán os seus respectivos discos aproveitando a celebración do festival.

A cafetería Plaza ofertará un espacio aberto para actuacións de todo tipo, xa sexan musicais, teatro ou recitais, entre outras, previamente coordinadas por Avantar.

Asemade, volverá a repetirse o tradicional roteiro adicado ó escritor lucense xa desaparecido Manuel María, que consiste nun percorrido dende a Pena dos Namorados seguindo os paneis repartidos pola vila cos poemas do escritor. Outras actividades previstas teñen que ver coa proxección de películas e documentais como ‘Fronteiras’, de Rubén Pardiñas.

Te puede interesar