melloras

Beariz mellora os accesos en Doade e Garfián con 37.897 euros

 O Concello de Beariz conta cun orzamento de 37.897 euros para desenvolver o Plan Marco de mellora de camiños municipais

 O Concello de Beariz conta cun orzamento de 37.897 euros para desenvolver o Plan Marco de mellora de camiños municipais. As obras proxectadas corresponden á mellora do camiño Doade – Praia fluvial, acceso cun ancho variable de 4 a 6 metros e unha lonxitude de 800 metros, que ten o pavimento asfáltico deteriorado polo que é necesario actuar sobre a superficie para que non se vexa máis afectado.

Por outra banda, tamén se acondicionará o camiño de acceso a Garfián, que parte da Ou-212, actuando nunha lonxitude de 550 metros, e un ancho de 4 metros. O pavimento atópase deteriorado con fochas.

Na obra de Doade, trátase de mellorar a capa de rodaxe mediante unha dobre rega asfáltica e canalizar as augas que se encharcan nunha zona concreta, entre outras melloras.

No acceso de Garfián realizarase un bacheo nos tramos onde sexa necesario, e unha posterior dobre rega, para mellorar a seguridade vial

Te puede interesar