O BNG carballiñés propón obras urxentes cos 2,4 millóns de euros do fondo estatal

O grupo municipal do BNG insta ó equipo de goberno do Concello do Carballiño a consensuar os proxectos que se poden solicitar do Estado ó abeiro do Real Decreto 9/2008 de 28 de novembro polo que se crea un fondo de inversión local e que supón un investimento de 2.449.164 euros en obras para o municipio.
O voceiro nacionalista na Corporación, Manuel Amil Otero, criticou o silencio do grupo do alcalde, o socialista Carlos Montes, ‘encol da oferta de diálogo que plantexou o BNG hai mes e medio para acadar un acordo conxunto sobre os orzamentos e que aínda mantemos vixente’. Neste sentido, o edil engadiu que ‘ven mellor 17 pares de ollos cá oito -en alusión a tódolos concelleirose sería moi importante un consenso nas obras para as que o Goberno central vai conceder esta achega económica, tendo en conta que teñen que ser aprobadas pola corporación’.

Viales

Así, o BNG plantexa unha serie de proxectos de infraestructura, equipamentos e seguridade que considera de urxente execución no Carballiño. Entre elas, Amil Otero destacou ‘a reposición da rede de abastecemento á parroquia de Partovia, que vén sendo reclamada dende hai anos polo veciños, a traída de auga na urbanización ubicada na estrada da Saleta, xa que só dispón de alcantarillado’. Ademais, os nacionalistas solicitan o arranxo dos viales da área residencial de Corzos, a reparación do firme na rúa Virtude e o alumeado no campo de fútbol de Espiñedo, sen esquecer a construcción dun nova nave para Protección Civil ‘para evitar problemas urbanísticos’.


Te puede interesar