O grupo municipal do BNG do Carballiño vén de solicitar do alcalde do Carballiño, o socialista Carlos Montes, a anulación da Mesa Xeral de Negociación que foi constituida o pasado 5 de xuño e da que foi excluida a oposición. O concelleiro Bernardo García lembra que dado que o acordo do pleno de 27 de marzo non foi impugnado por ningún partido, constitúe unha disposición válida do máximo órgano municipal e é executable polos responsables do goberno.
Nesa sesión plenaria, PP e BNG aprobaron -coa abstención do PSOEque na mesa negociadora habería dous representantes populares, dous nacionalistas e tres socialistas, ademais dos delegados elexidos polos funcionarios e persoal laboral do Concello. A falta de execución pode lever a incurrir nunha vulneración do dereito fundamental de participación política dos concelleiros e, evidentemente, nun incumplemento dise acordo plenario, apunta Bernardo García.
O edil do BNG engade que a actuación máis grave é o feito de que o concelleiro de Persoal, José Antonio Barge, convocase a sabendas da súa ilicitude unha Mesa Xeral de Negociación á marxe da citada disposición plenaria do 27 de marzo. Deste xeito, Bernardo García indica que estas actuacións á marxe do dereito, incurren nos vicios de nulidade radical contemplados na da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.