Unha campaña axuda en Piñor a unha nena con parálise cerebral

O Concello de Piñor puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico para axudar a Lola, unha nena coruñesa de tres anos que padece parálise cerebral. O alcalde do municipio, Francisco José Fraga, suliña que 'o obxectivo desta iniciativa é que a súa familia poda asumir o custe que xeran as terapias e tratamentos que precisa'.
Así, dada a idade da nena, é necesario que reciba terapias de estimulación (fisioterapia, hipoterapia, logopedia) que permitan un desenvolvemento óptimo do seu cerebro dentro das súas circunstancias. Este tipo de terapias supoñen unha inversión mensual dun mínimo de 600 euros, algo que a familia de Lola, cun único salario, non pode asumir.

Deste xeito, o Concello de Piñor anima a toda a poboación do municipio a que participe na campaña e aporte tapóns de plástico, en canto de levalo ó contedor de lixo. Os lugares de recollida fixados son a Casa do Concello, o Centro de Saúde, o Concello Vello e a farmacia de Piñor.

Te puede interesar