Campaña en contra da violencia coas mulleres en Carballiño

Concello de Carballiño.
photo_camera El Concello de Carballiño.

A Agrupación Cultural Avantar pon en marcha unha campaña de sensibilización entre os establecementos do Carballiño, que consistirá no reparto de cartaces entre os locales. Co lema  “AQUÍ NON. O Carballiño contra a violencia de xénero”, organiza esta inciativa polo 25 de novembro.

Así mesmo, esta asociación cultural tamén ten prevista a conferencia “Feminismo de proximidade contra a violencia de xénero”, a cargo de Lola Varela, docente xubilada, que é experta en coeducación e feminismo. O acto será presentado por  Alicia González Barreiro, docente da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo (Uvigo), e se desenvolverá o próximo mércores 22 de novembro, ás 20,00 horas, no establecemento OZOCOgz.

Por outra banda, tamén desenvolverá accións nos centros educativos, cun obradoiro titulado “A Pirámide da violencia machista, reproduces ou transformas”. Trátase dun espazo de formación e recursos galegos para integrar o feminismo na vida diaria. Os obradoiros desenvolveranse o 23 de novembro no IES Chamoso Lamas e no colexio Vila do Arenteiro, impartidos por Tania Merelas Iglesias, educadora social.

Te puede interesar