Carballiño e Oroso comunícanse por videoconferencia

Os alcaldes de Carballiño, Carlos Montes Marqués, e de Oroso, Manuel Miras Franqueira, mantiveron unha charla por videoconferencia coincidindo coa inauguración do Telecentro ubicado neste municipio da provincia da Coruña. Na actualidade, existen 49 instalacións deste tipo en Galicia.
Os veciños do municipio coruñés de Oroso dispoñen dende onte dun dos telecentros que a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta abriu este ano en Galicia, e que supuxo un inves timento de 97.000 euros e unha dotación de 16 ordenadores.

Co gallo da inauguración das instalacións, que correu a cargo do subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo, o telecentro de Oroso quedou comu nicado por videoconferencia co existente no Carballiño, de xeito que o responsable autonómico e o rexedor coruñés, Manuel Miras Franqueira, poideron establecer comunicación audiovisual co alcalde carballiñés, Carlos Montes Marqués.

Ó telecentro da vila do Arenteiro, ubicado na Casa do Concello, acudiron 20 estudiantes do colexio público Calvo Sotelo, que tamén estableceron comunicación con escolares de Oroso.

Pola súa banda, Manuel Conde, lembrou que ‘no que vai de ano puxemos en marcha un total de 49 telecentros nas catro provincias galegas, cun investimento de perto de cinco millóns de euros, e pensamos en completar este programa de implantación de novas tecnoloxías ó servizo dos cidadáns con outras 63 instalacións e un orzamento superior ós sete millóns de euros’.


Te puede interesar