O CARBALLIÑO

Cea tamén pide unha moratoria para reformar os velorios

O pleno da Corporación municipal de Cea aprobou unha moción dos socialistas para instar á Xunta a que se ofreza unha moratoria de dous anos para a aplicación da normativa que regula os velorios

O pleno da Corporación municipal de Cea aprobou unha moción dos socialistas para instar á Xunta a que se ofreza unha moratoria de dous anos para a aplicación da normativa que regula os velorios nos locais sociais do rural e para que a Xunta habilite partidas orzamentarias para axudar a que os diferentes colectivos poidan facer fronte aos gastos de adaptación.

Así mesmo, o grupo socialista de Cea criticou a actitude do rexidor, José Luis Valladares, por non asistir á reunión convocada polo alcalde do Carballiño para tratar a dotación dunha brigada de emerxencias para a comarca. "De feito, a situación foi máis grave, posto que non enviou a ninguén á mencionada reunión", sinala o PSdeG.
 

Te puede interesar