PROMOCIÓN

O Centro Galego de Lleida promocionará a Festa do Pulpo

O alcalde Carballiño e o concelleiro de Turismo asistiron a localidade catalana

O Centro Galego e o resto das Casas Rexionais de Lleida promocionarán a Festa do Pulpo do Carballiño como un dos grandes eventos gastronómicos de Galicia. Así se comprometeron as directivas destas entidades durante o acto de presentación da LV Festa do Pulpo nas Xornadas Culturais da Federación de Casas Rexionais con motivo do 35 aniversario desta federación, ao que asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.

Fumega e Dacal viaxaron a Lleida por invitación do Centro Galego para impartir unha conferencia sobre a Festa do Pulpo, que se celebrou coa asistencia de representantes municipais, empresariales e presidentes das Casas Rexionais. 

Te puede interesar