Cine Club inicia a nova tempada cunha festa e o film 'Charada'

O Cine Club Carballiño inicia este venres una nova tempada cunha pequena festa e coa proxección, en horario de 20,00 horas, da película 'Charada', que cumpre agora 50 anos dende a súa estrea. É un dos títulos míticos da historia do cine, protagonizada por Audrey Hepburn e Cary Grant. Este ano manteranse os prezos de taquilla, una vez que a Federación de Cine Clubes ven de confirmar a continuidade da colaboración coa Xunta de Galicia.
En relación ó balance do pasado ano, a asistenza media rondou os 90 espectadores en cada película, destacando sobre todo o mes de xaneiro, con 121 espectadores, e volvendo a producirse una vez máis una caída notoria nos meses de bo tempo, sobre todo maio e xuño.

Te puede interesar