Comeza o teatro afeccionado co grupo de Lugo Hipócrita Teatro

Mañá iniciase no Carballiño o festival de teatro afeccionado, organizado pola compañía local Tiruleque, co grupo de teatro de Lugo Hipócrita Teatro, que representará unha obra para tódolos públicos: 'Unha historia con pau'.
Como tódolos domingos deste mes de outubro, a función do festival comezará ás 19,00 horas no Auditorio Municipal. Trátase dunha comedia, con texto de Xavi Loureiro e María García, e que estará interpretada por Iván Redondo, Juan Rivas, Carlos Rebolo, Óscar Alba, Iván Mejide, Rocío Andón, Elena López, Moncho Vivero e María García.

Te puede interesar