Comezan os traballos de desbroce no acceso a O Irixo

Estrada do Carballiño-O Irixo.
photo_camera Estrada do Carballiño-O Irixo.

Esta semana comezan os traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo.

Estas actuacións que promove a Xunta de Galicia enmárcanse no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 nillóns de euros para os dous próximos anos.

Os traballos consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas do trazado, e á reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Ademais, apunta que tamén proseguirán as tarefas de roza e limpeza que se veñen realizando nas vías das provincias da Coruña e de Lugo nestas últimas semanas, e na provincia de Pontevedra continuarase coas intervencións en execución nas marxes das vías de altas prestacións.

Te puede interesar