A premura de tempo impediu actividades como a cetrería porque necesitaba permiso de Medio Ambiente
A I Feira Medieval A Liorta "superou todas as previsións coa asistencia de milleiros de persoas que abarrotaron as rúas e prazas da vila durante a fin de semana", segundo valoran os responsables municipais do Carballiño. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, asegura que esta primeira experiencia foi "todo un éxito" e que para a próxima edición intentarase mellorar a programación de actividades lúdicas e temáticas.
De feito, algunhas das que estaban previstas na programación "non se poideron celebrar debido á premura de tempo para conseguir os correspondentes permisos", polo que se terá en conta para a planificación da segunda edición, co obxectivo de que se poidan realizar. Entre estas actividades atópase á exhibición de cetrería, que precisa dun permiso da Dirección Xeral de Conservación da Concellería de Medio Ambiente.
Non obstante, o nivel das actividades de animación de rúa "foi satisfactorio", segundo o Concello, que destacou a música e cánticos da época, xigantes e cabezudos, o touro animado u a representacións como a alegoría á peste, ad
As autoridades municipais queren agradecer a participación dos hostaleiros e o esforzo da Policía Local e da brigada de limpeza.