Están a difundir unha resolución da Axencia Galega de Turismo, na que se establecen as subvencións.
As concellerías de Turismo e Promoción Económica do Carballiño persiguen promover a modernización dos establecementos hostaleiros da vila coa finalidade de que poidan obter a marca Q de Calidade Turística. Para iso, están a difundir unha resolución da Axencia Galega de Turismo, na que se establecen as subvencións.
Para ser beneficiario destas axudas hai que estar inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta e ser unha pequena ou mediana empresa. O prazo para a presentación de solicitudes finaliza dentro dun mes, e o concello anima a executar proxectos de mellora das instalacións.