MELLORAS | SAÚDE

O Concello de Maside eliminará este ano 14 vertedoiros ilegais

<p></p>
photo_camera Un dos vertedoiros incontrolados, con refugallos, mobiliario e enseres.

Nos últimos meses xa foron identificados como responsables un construtor e un veciño

O Concello de Maside eliminará un total 14 vertedoiros de residuos incontrolados. Continúa así o seu plan anual, que só o pasado ano súpuxolle ás arcas municipais un gasto de 20.000 euros para suprimir algo máis de 12 vertedoiros.

Esta anualidade execútase en dúas fases, coa fase inicial, costeada íntegramente pola Administración autonómica, que a leva a cabo a través da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga), erradicará seis vertedoiros constituídos básicamente por residuos procedentes da construción, situados nas parroquias de Amarante e Garabás. Na segunda fase será o Concello quen leve a cabo con financiación propia a eliminación doutros oito, para o que prevé destinar ao redor de 12.000 euros.

As autoridades municipais masidás agradecen a actuación por parte de Seaga, pois o custo desta eliminación é importante xa que a mestura de materiais obriga a unha xestión individualizada dos residuos.

O alcalde, Celso Fernández, sinalou que "no seu momento nós enviámoslle unha petición á Fegamp para que este asunto fose analizado con outras administracións, non só para a colaboración económica, senón tamén para a prevención e para a investigación dos causantes das verteduras", porque "non pode ser que todos os veciños afronten un gasto provocado por desaprensivos ou inconscientes".As investigacións da Policía Autonómica, Seprona e axentes medioambientais levou a identificar neste último ano a dous infractores, un construtor de Carballiño e un particular de Maside. As sancións poden chegar ata os 45.000 euros, e aos 300.000 se os residuos son perigosos.

Te puede interesar