Cuarenta estudantes aprenden técnicas de tratamento termal en balnearios galegos

O curso ‘Termalismo: peloides termais’, organizado pola Universidade de Vigo e o Instituto de Estudios Carballiñeses, chega hoxe ó seu remate no Centro Comarcal do Carballiño. A derradeira xornada abrirase ás 10,00 horas cunha ponencia de Ramón Braña encol da historia das augas termais, continuando Pilar Morgade, subdirectora xeral de Turismo, cun relatorio sobre ‘Ordenación do sector termal’.
A representante da Xunta tamén será a encargada de presidi-lo acto de clausura, previsto para as 12,30 horas, na compaña de José Luis Legido, Avelino Muleiro e Lourdes Mourelle. Esta última tamén se encargará de coordenar as actividades prácticas que se desenvolverán na tarde de hoxe no Centro Talaso-Atlántico de Baiona.

‘A participación nestas xornadas foi exitosa xa que se cubriron as 40 prazas que estaban dispoñibles, e seguramente se incrementaría de ter abertas máis matrículas’, sinala Avelino Muleiro. Os estudantes universitarios de Vigo coparon a práctica totalidade do alumnado do curso, que concede dous créditos.

Te puede interesar