Curso para manexar carretillas elevadoras

Un total de 15 persoas participantes no II Plan Galego de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar asisten nesta semana a un curso de seguridade e manexo de carretilla elevadora no Carballiño. O obxectivo desta formación, que se prolongará ata o vindeiro venres, é aumentar as competencias destas persoas cara ó mercado laboral, según os organizadores.
As xornadas inclúen unha parte teórica que se desenvolve no Centro Comarcal de Ribadavia, e unha parte práctica, na que os asistentes se desprazan ata unha empresa do polígono industrial do Carballiño. A asistencia a este curso enmárcase nun itinerario de inserción personalizado que os técnicos da consellería deseñan para cada un dos participantes.

Istes itinerarios poden incluir tamén formación na búsqueda de emprego, prácticas en empresas ou cursos con compromiso de contratación, todo co obxectivo de mellorar o perfil profesional dos asistentes.

Te puede interesar