Curso sobre as propiedades químicas das augas termais

O curso de Termalismo que organiza dende fai 12 anos o Instituto de Estudios Carballiñeses e a Universidade de Vigo estará centrado nas propiedades químicas das augas mineiro mediciñais, e servirá para rendir unha homenaxe póstuma ó doctor Antonio Casares, que foi reitor da Universidade de Santiago, co gallo do bicentenario do seu nacemento.
Baixo o epígrafe 'Termalismo e Química', o curso desenvolverase nas instalacións do Centro Comarcal do Carballiño entre os días 3 e 6 do vindeiro mes de xullo, e incluirá visitas e prácticas dos alumnos matriculados nos balnearios de Augas Santas, Lobios e Guitiriz.

Entre as actividades programadas pola organización contémplase a presentación dunha nova edición do 'Tratado práctico de análise química das augas minerais e potables', da que foi autor o citado Antonio Casares no ano 1866. O acto terá lugar o mércores 4 de xullo, ás 13,00 horas, na sala de xuntanzas do Centro Comarcal, sito no barrio de O Cornuval.

Te puede interesar