A Deputación financia terapias de discapacidade en Carballiño

Os obxectivos deste proxecto son a mellora de rango de mobilidade, diminución da dor e sobrecargas e traballar o fortalecemento muscular

A Deputación de Ourense aproba o proxecto da Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño (Asdifica) denominado "Rehabilitación e fisioterapia a persoas con discapacidade", con unha contía total de 2.350 euros, aportando a institución provincial  a cantidade solicitada pola entidade de 1.894 euros. 

Os obxectivos deste proxecto son a mellora de rango de mobilidade, diminución da dor e sobrecargas e traballar o fortalecemento muscular. Con esto preténdese a mellora na calidade de vida das persoas traballando en aspectos que poden limitar a súa participación social ou a realización doutras tarefas debidas as molestias físicas que produce a discapacidade.

Asdifica fixo un convenio coa clínica de Fisioterapia e Rehabilitacion Luis M. Lopez Alonso para facer as sesións individuais adecuadas a cada persoa. Daranse un número de seis sesións por usuario. O numero total de sesións son de 90 repartidas entre 15 usuarios da comarca do Carballiño.

Co estado de alarma, o parón da asociación en tema de actividades levou ao empeoramento do estado xeral das persoas pola inactividade e encerro sufridos facendo que diminuíse o tono muscular, a elasticidade e aumento de rixidez, todo debido a falta de movemento.

Te puede interesar