Unha ducia de maios expuséronse en Leiro

Os maios encheron de colorido o centro da localidad de Leiro (Foto: M.P.)
A Praza Luis Hermida de Leiro acolleu onte en torno a unha ducia de maios, que foron expostos ó público a partires do mediodía. Os autores foron colexios, diversos colectivos e tamén particulares, do mesmo municipio de Leiro pero tamén doutros concellos como Amoeiro ou Celanova.
A organización desta décima edición foi asumida polo propio Concello de Leiro, despois de que a asociación Álvaro das Casas decidise suspender a programación ante a falta da subvención que viña recibindo a entidade cada ano para este fin.

Pese a todo, celebrouse a Festa dos Maios e tamén o tradicional concurso, que otorgou dous premios de 75 e 50 euros para cada modalidade, xa fora maio tradicional ou artístico. O primeiro premio das coplas foi de 50 euros e o segundo de 25, ademáis de valorar os traballos presentados polos colexios, con 50 e 25 euros para os dous primeiros seleccionados.

A organización mostrábase satisfeita co resultado desta actividade, que neste concello se celebra o segundo domingo de maio.

Te puede interesar