O asfaltado desta vía permitirá a conexión entre as autovías A-52, AG-53 e a futura a Ourense

O enlace do Eixo do Ribeiro con Lugo abrirá en setembro

Obras en la carretera entre las localidades de Cea y A Barrela.
Os traballadores da empresa Copasa xa iniciaron o asfaltado da nova estrada que une as localidades de A Grela (San Cristovo de Cea) e A Barrela, no municipio lugués de Carballedo, con vistas á súa apertura definitiva ó trafico rodado. Según as previsións apuntadas por fontes da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras, os vehículos poderían circular por esta prolongación do Eixo do Ribeiro no prazo máximo de dúas semanas, é dicir, a mediados do vindeiro setembro.
A execución deste proxecto comezou en novembro de 2008, concretamente o día 18, cando o entonces presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, se desplazou ata Cea acompañado pola súa conselleira de Política Territorial, María José Caride, para presidir o acto protocolario de colocación da primeira pedra das obras. Transcurrido un prazo superior de 21 meses, os traballos están a punto de rematar, cun investimento aproximado de 8,3 millóns de euros, financiados na súa totalidade pola Xunta, para o acondicionamento de 10 quilómetros de lonxitude vial.


ACCIDENTES

Tra-los trastornos provocados polas obras, que aconsellaron nunha primeira fase ó desvío do tráfico na parroquia de Cobas de Cea en sentido Lugo, para evitar o paso polo tramo que discurre polo municipio de Vilamarín, o deseño final eliminou un sinuoso trazado de curvas e fondas cunetas, ademais de habilitar arcéns en todo o percorrido. Foron precisamente veciños de Vilamarín os que se estiveron a percatar da perigosidade da vella estrada, na que tanto turismos como camións sufriron graves accidentes, cunha media de sete falecidos nos últimos 15 anos. Por outra banda, esta estrada é de obrigado paso entre o norte da provincia e Lugo, sobre todo para os autónomos e industriais que se adican ó transporte de gando e productos cárnicos, e para os habitantes da comarca do Ribeiro.

Deste xeito, a apertura dende A Grela ata A Barrela favorecerá ó tránsito rodado entre Ribadavia, Carballiño, Maside, Piñor, Cea, Vilamarín e Carballedo, enlazando as autovías A-52 (Madrid-Vigo), AG-53 (Dozón-Ourense) coas estradas N-541 (Ourense-Pontevedra) e N-525 (Santiago-Ourense), prolongando o chamado Eixo do Ribeiro (Ribadavia-Cea).


DESENVOLVEMENTO

A nova vía servirá tamén de enlace coa futura autovía entre Ourense e Lugo, ó traverso dos oito quilómetros da estrada prevista entre A Barrela e a localidade de San Martiño, que xa estaba adxudicada en 32 millóns de euros polo anterior Gobierno de la Xunta pero que foi paralizada polo actual Ministerio de Fomento. O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, valorou o remate da continuidade do Eixo do Ribeiro, 'xa que convirte á vila do Arenteiro no epicentro dunha rede de comunicacións co resto de Galicia'. O rexedor engadiu que 'estas infraestructuras van repercutir positivamente no desenvolvemento socioeconómico do municipio e na ampliación das nosas áreas industriais'.

Te puede interesar