Os estudantes renderon homenaxe a Fariña Jamardo

A Praza Maior do Carballiño foi escenario onte da celebración da Festa do Libro, na que participaron os clubs de lectura do IES Chamoso Lamas e alumnos do IES Nº 1. 

“Ler en Liña” foi unha homenaxe a dúas publicacións de José Fariña Jamardo reeditadas recentemente polo Concello do Carballiño. Desta maneira, os estudantes realizaron unha lectura de textos elexidos nos libros de “A Feira” e “A Liña”, cuxas tramas se desenvolven no Carballiño e O Ribeiro.

Un profesor explicaba que José Fariña Jamardo foi secretario municipal do Concello do Carballiño e un gran dinamizador cultural na vila. 

Na lectura tamén participaron varios membros da Corporación carballiñesa, ademais do alcalde, Francisco Fumega. Ao final, os estudantes recibían de agasallo os libros que inspiraron esta actividade de animación á lectura.

Para o próximo domingo tamén está prevista, ás 12,00 horas, unha lectura dramatizada do “Cisne de Vilamorta”, de Emilia Pardo Bazán, segundo a adaptación de Carlos Montes, do Centro de Estudios Chamoso Lamas, e interpretada por Dar Trela Teatro. Os escenarios elexidos son a Praza Irmáns Prieto, o balcón do Casino, a Praza Maior e a fonte tras a Casa do Concello.

Te puede interesar