As feiras galegas acollerán postos para a distribución de productos de porco celta

A comercialización dos productos de porco celta extenderase ás feiras e romarías gastronómicas de Galicia, seguindo unha iniciativa da sociedade 'Oural', que xestiona a cría deste gando na localide de Lebozán, en Beariz. Neste sentido, os propietarios da explotación xa encargaron o envasado de 2.000 chourizos, unha partida inicial que irá destinada tanto á distribución nos mercados feirais como á festa de exaltación, que se celebrará o vindeiro mes de marzo.
'O obxectivo é achegar máis os consumidores os embutidos e a carne de porco curada, que sexa máis popular e que poida competir co pulpo a nivel de producto tradicional', suliña José Balboa, presidente da Asociación do Porco Celta.

Así, ademais dos chourizos que se poñerán á venda en lotes de catro unidades, e aínda co prezo sen fixar, os socios de 'Oural' tamén pretenden elaborar uns 'packs' que faciliten ós compradores o preparado dun cocido típico nas súas casas. 'O paquete incluirá chourizos, lacón, cachucha e lomo de porco celta', e evitará o traballo de mercar cada producto por separado e en diferentes tendas. José Balboa anticipa que iste tipo de lotes comezará a venderse nas principais feiras da comarca, coma son Doade (Beariz), Carballiño e Cea, así como noutras localidades da provincia, caso de Ribadavia, Allariz e Ourense.

Os promotores instalarán uns postos específicios destinados a exhibición e comercialización, contando coa colaboración do propio Concello de Beariz e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento (Inorde).

Por outra banda, para o sábado 11 de febreiro está prevista a presentación oficial, con degustación, da sexta edición da 'Festa do Porco Celta', adicada este ano a Panamá.

Te puede interesar