A Festa do Porco Celta celebrarase o día 12 de maio

O Concello de Beariz fixou para o día 12 do próximo mes de maio a celebración da Festa do Porco Celta, que este ano estará adicada ós emigrantes en Brasil. O alcalde, Manuel Prado, declarou que se elexiu esta colonia a raíz dunha invitación que fixera á Banda de Gaitas deste municipio para actuar nese país, e tendo en conta tamén que o anterior presidente do colectivo galego, Manuel Diz Ramos, é natural deste concello de Terra de Montes.
Unha vez máis, a comida a base de carne de porco celta atraerá a numerosos comensais, que poderán disfrutar de outras actividades complementarias como a tradicional feira de artesanía e a actuación de grupos de música folclórica.

Te puede interesar