Un festival de rock reivindica un espazo de ensaio na vila

Cinco dos 20 grupos musicais de pop, rock, rap e outros estilos existentes no Carballiño serán os protagonistas do festival 'Nadal Rock', que se celebrará o 23 de decembro no Auditorio municipal, baixo o amparo da Concellería de Cultura e Xuventude.
O voceiro da asociación cultural '8 notas', Miguel Fernández, sinalou que 'esta é unha oportunidade moi boa para que os conxuntos musicais que xurden na vila den a coñecer os seus traballos'. A velada musical comezará ás 18.00 horas do vindeiro xoves, e actuarán os grupos Azúcar y Ron Band,Agua Potavle, Little Oak, Singultus y Life, que presentarán un repertoiro de cinco temas cada un. 'Este ano hai menos grupos, xa que hai moitos que prefiren outro tipo de escenarios ó aire libre e non o recinto pechado do Auditorio', apuntou Secho Fariñas, do grupo Efecto Pygmalion.


UNANIMIDADE

A concelleira de Xuventude, Asunción Rivero, animou ós carballiñeses a que asistan ó festival, 'xa que servirá para reivindicar un local de ensaio que todos estes conxuntos precisan con urxencia, e que xa foi plantexado de novo á Xunta ó traverso dun acordo plenario unánime'. As taquillas do Auditorio abriranse antes da sesión musical, xa que os asistentes deberán abonar unha módica entrada dun euro.

Te puede interesar