O CARBALLIÑO

Fumega fixo “autocrítica"
na súa valoración dos 100 días

FUMEGA_result
photo_camera O alcalde de Carballiño, Francisco Fumega.

stacou de forma especial o contacto que todo o grupo socialista mantén a diario cos veciños

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, fixo unha valoración positiva dos 100 días de goberno municipal, aínda que insistindo na "prudencia e na autocrítica". Destacou de forma especial o contacto que todo o grupo socialista mantén a diario cos veciños e quixo tamén pedir disculpas polos compromisos "ós que non pudemos chegar porque leva o seu tempo". Asegurou que se executan os traballos en zonas onde verdadeiramente demandaban os veciños “e non en rúas onde nin xiquera vive ninguén”. Este é o caso dos traballos nas rúas Galicia e Ben-Cho-Shey.

Continuando nese capitulo de obras, Francisco Fumega adiantaba o inicio das obras para unir a rúa Perfectino Viéitez coa Principal, o asfaltado da rúa traseira do Pabellón, a adxudicación das obras da rúa Avia, a adxudicación do asfaltado da explanada da Uceira, ou a xa mencionada Ben-Cho-Shey, onde ademáis gañaranse prazas de aparcamento “que nos pemitirán iniciar o proxecto de zonas azuis gratuitas, tan demandadas polo comercio local e os veciños en xeral”.

Fumega tamen se referiu ó contacto co Medio Rural e os traballos de limpeza integral do municipio. Non esquezou a boa organización da semana da Festa do Pulpo e, ademáis, as xestións realizadas cos balnearios para dinamizar este sector na vila; xunto coa redacción do proxecto técnico para a elaboración das bases de adxudicación do matadoiro “que esperamos poder abrir antes de fin de ano”, sinalou.

Te puede interesar