Una gala, cine, documentais e debate para pechar Xociviga

Unha montaxe especial da serie galega de televisión 'Mar libre' pecha hoxe no auditorio do Carballiño as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga). O director, actores, productores e equipo técnico da mesma asistirán á proxección que se fará ás 23 horas na gala de clausura, onde tamén se entregará a Xociviga de Ouro desta edición. A entrada será gratuíta, según confirmou a organización.
Esta proxección e a gala non serán as únicas actividades do último día das xornadas, xa que previamente, ás 20,30 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño, celebrarase unha mesa redonda na que se reflexionará sobre a actual crise económica e financieira, e a que asistirán entre outros o economista Xosé Manuel Beiras e Raúl Asegurado, presidente do banco ético Fiare-Galiza.

En canto ás proxeccións contempladas no programa para este martes de peche desta primeira fase das Xociviga, que voltarán xa a finais de outubro, a organización destaca especialmente os documentais do ciclo Xociviga Actualidade, centrados este ano na análise da crise do capitalismo e tamén a película protagonizada por Ricardo Darín, 'Un conto chinés', que se poderá ver no Auditorio, ás 20,00 horas.

Deste xeito, Carballiño despide esta actividade adicada ó cine, que se retomará no próximo mes outubro.

Te puede interesar