Unha investigación actualiza a historia da Encomenda de Pazos

A publicación número 13 dos Cadernos de Ribadavia, que edita a asociación cultural Fraicellus, ofrece un traballo de investigación do que é autor Xosé Luis Sobrado, presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas da comarca carballiñesa. Concretamente, trátase dunha retrospectiva histórica encol da Encomenda de Pazos de Arenteiro, pertencente á Orde de San Xoán, que estivo asentada nesta localidade de Boborás durante cinco séculos.
O director da edición, Xosé Ramón Estévez, destacou que 'esta é o primeiro caderno que publicamos que fai referencia á comarca do Carballiño, xa que os 12 anteriores estaban vencellados á historia de Ribadavia'. Pola súa banda, Xosé Luis Sobrado agradeceu a posibilidade que tivo para escribir 'sobre a miña terra, Boborás', aínda que apuntou que 'non resultou doado resumir nuns cantos folios máis de cinco séculos da Encomenda'.

Esta institución da citada Orde de San Xoán xestionou, dende o ano 1212 e ata 1793, según os datos aportados por Sobrado, unha amplia franxa de propiedades das terras de O Ribeiro, Orcellón e Castela (estas dúas últimas compoñen a comarca carballiñesa), das cales a figura do 'comendador' era o seu usufructuario e responsable a nivel económico e relixioso.


PODERÍO

Deste xeito, a Encomenda encargábase do cobro dos tributos dos vasalos que estaban baixo a súa tutela, ademais dos productos de muíños, granxas e adegas nambalasdúas comarcas. O autor indic aque 'este traballo non é máis que unha síntese desta enigmática institución, que tamén extendeu o seu poderío a outraz zonas de Galicia'.

Te puede interesar