Un investimento de 120.000 euros permite abastecer de auga a seis aldeas de O Irixo

Os veciños de seis localidades do municipio de O Irixo veranse beneficiados polas obras de infraestructura programadas pola Consellería de Medio Rural para o presente ano, cunha investimento global de 120.000 euros, e que xa deron comezo nesta mesma semana.
A meirande parte deste orzamento -un 75%adícase á creación de catro puntos de captación e cinco quilómetros de canalizacións para o abastecemento ós pobos de Esfarrapa, Abanico e Diestro, na parroquia de Santa María do Campo.

O departamento autonómico tamén acometerá a instalación dun grupo de bombeo na aldea de A Lama para trasladar dende o depósito existente ata os domicilios dos veciños. Na parroquia de A Cidá, construirase un depósito regulador no pobo de Nabás, mentres en Alemparte, na parroquia de Loureiro, ‘está prevista a dotación dun depósito para o suministro, que é o primeiro que disfrutarán os veciños en toda a súa historia’, sinala o voceiro do BNG na Corporación, Óscar Freixedo. Ademais, substituirase as tuberías da traída que presentan problemas de fugas.

Te puede interesar