O Irixo acolleu unha xornada de convivencia para rapaces

O campo da festa da parroquia de Loureiro acolleu a sexta edición da 'Xornada de convivencia de educación infantil', na que participaron os centros educativos de Padrenda-Crespos, Cortegada, Maside e Dacón baixo o lema 'Se queres unha boa vida, aposta pola ecoloxía'.
A convivencia tivo como temática central a defensa dos productos ecolóxicos que coa axuda dunhas mascotas, de nomes 'Xurxo' e 'Sabela', e a través de diferentes talleres, exposicións e coa visita á cooperativa Santa Mariña, ensinaron ós rapaces a valorar os productos naturais e ecolóxicos.

Os nenos e nenas elaboraron marmelada con froitas naturais e degustaron productos ecolóxicos como mel, queixo e leite, ademais de participar nun contacontos, facer manualidades e disfrutar dun teatro musical. O obxectivo era que aprenderan a importancia que a ecoloxía ten sobre a saúde.

Te puede interesar