Maside organizará o premio de narracións Modesto Figueiredo

Celso Fernández e David Otero, na presentación. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Padroado da Fundación Pedrón de Ouro elixiu ó Concello de Maside para organizar a XXXIX edición do Premio de Narracións Curtas ' Modesto R. Figueiredo .
O Premio ' Modesto R. Figueiredo', o máis antigo de Galicia neste xénero, iniciouse no ano 1975. A contía do premio é de 1.000 euros e se o estima o xurado poderán darse dous acceses de 400 euros cadanseu. Tamén, se así se estimase, poderán recomendarse algunhas narracións para a súa publicación nun tomo bianual coas obras premiadas e ata fai pouco editados pola editorial O Castro da man de Isaac Díaz Pardo e agora pola Toxosouto. A entrega será en decembro.

Te puede interesar