Taichí, yoga ou risoterapia forman parte da oferta para atraer veciños

Maside promociónase con actividades lúdicas

O Puzo do Lago, unha das paraxes naturais de Maside. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
O Concello de Maside pon en marcha o primeiro programa de actividades lúdicas-saudables para adultos, que se realizarán ó longo do mes de outubro e que está orientado a persoas maiores de 30 anos. Esta iniciativa está incluída dentro da campaña de Citymarketing ¡Vive Maside!, na que se promociona este municipio como un lugar que ofrece calidade de vida e benestar.
Desta maneira, a primeira das actividades está prevista para o próximo domingo no paraxe natural do Puzo do Lago e consiste na práctica de taichí co fin de dar a coñecer ós veciños unha forma saudable de facer exercicio. Dada a gran demanda que ten a iniciativa, o Concello viuse obligado a organizar dous turnos, o primeiro ás 17,00 horas e o segundo ás 18,00 horas.

Na misma línea, o 17 está prevista unha sesión de risoterapia, na Casa da Cultura; o día 22, uns baños nas Termas de Outariz, e xa para rematar o mes, unha sesión de yoga nas piscinas da Rañoa.

Ofrecer unha actividade de lecer divertida, ó mesmo tempo que beneficiosa para o corpo e sobre todo para a mente; potenciar os lazos de veciñanza e a sociabilidade entre os cidadáns; dar a coñecer e potenciar a valorización de puntos importantes do Concello, como son o Puzo do Lago ou a Rañoa, tanto ós veciños como ós foráneos que se sintan atraídos por estas actividades, e, por último, informar e concienciar sobre a importancia terapéutica do termalismo, da natureza e do deporte como elementos imprescindibles nunha vida de calidade, son os obxetivos deste programa do outono.

A campaña de oferta do Concello como lugar de residencia, da que forma parte este programa de actividades, está dando moi bos resultados, segundo a valoran as autoridades locais, que están constatando un considerable incremento de licencias para a construcción e rehabilitación de vivendas.

Por ese motivo, estas prácticas son abertas non so ós veciños de Maside senón tamén á xente doutros concellos. O paquete completo costa oito euros para os empadroados neste municipio e 13 euros para os que non o están.

A técnica de Turismo, Ana Otero, mostrouse satisfeita pola resposta inicial da xente que está acudindo a apuntarse.

Te puede interesar