As melloras na travesía da N-541 serán rematadas antes do Nadal

Ocampo, Louro e Montes. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os traballos de acondicionamento da travesía da estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) ó seu paso polo casco urbán do Carballiño foron visitados ó mediodía de onte polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, quen destacou 'a importancia destas obras no nexo de conexión entre as dúas provincias, e para a mellora da seguridade vial'.
O representante estatal, que estivo acompañado polo seu subdelegado en Ourense, Camilo Ocampo; o alcalde carballiñés, Carlos Montes, membros da Corporación municipal e técnicos da adxudicataria, Aopil SL, recorreu un dos tramos en execución do proxecto, que financia o Ministerio de Fomento con 1,8 millóns de euros.

As obras abarcan dous quilómetros da N-541, entre as instalacións de Renfe e o cruce coas avenidas Avellanosa e Balneario, onde se construirá unha rotonda para a distribución do tráfico. Ademais, estanse a instalar canalizacións de augas pluviais, saneamento e abastecemento; beirarrúas de entre 1,50 e 5,50 metros de ancho, 128 luminarias, e tamén se plantarán 30 unidades de árbores autóctonos.

Te puede interesar