Música e poesía compoñen o festival galego de 'Avantar'

A agrupación cultural 'Avantar', coa colaboración doutras entidades e casas comerciais, organiza dende o vindeiro venres a séptima edición do festival 'Orcellón fala e canta', que se desarrollará no Carballiño ata o día primeiro de xuño. Coma novidade máis destacada, haberá unha degustación de productos elaborados en Galicia, concretamente a cervexa 'Menduíña' e a 'Galicola', nos establecementos hosteleiros da rúa Aldara.
O programa abrirase cun concerto do cantautor Roberto Sobrado e a súa banda, na Praza Maior, e un tradicional 'serán' de música e contos no colexio público de Boborás, que correrá a cargo da asociación 'Os Serandeiros'. O roteiro do poeta Manoel María e unha conferencia de Xosé Lois 'O Carrabouxo' tamén terán cabida na programación, que se pechará co recital de poesía 'Tasca e literatura' no café cultual Auriense da cidade.

Te puede interesar