Nenos e adultos de Piñor viaxarán a Fene para adquir hábitos de condución axeitados

O Concello de Piñor recorda a tódolos interesados en asistir á excursión do 9 de xaneiro ó Parque de Educación Viaria de Fene, que ás 18 horas terá lugar hoxe unha charla sobre educación viaria no salón de plenos do Concello.
Será impartida por persoal do parque, entre os que estará o director dos Centros de Reeducación de Galicia. Tódolos asistentes á charla terán praza reservada en dita viaxe, pois a iniciativa é totalmente innovadora no municipio e conta con prazas limitadas. O obxectivo é formar á poboación, pero sobre todo á xuventude en hábitos de condución axeitados, así como en aspectos de prevención de accidentes de tráfico. No parque realizaranse actividades varias, tanto prácticas como teóricas, entre elas, condución de karts eléctricos e bicicletas colectivas. A visita é recomendada para nenos e adultos, pois haberá moitas actividades por idades. Para inscrición ou máis información débense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello.


Te puede interesar