O PP proporá no pleno a creación de pozas termais nas marxes do Arenteiro
TERMALISMO
Os populares tamén instan a solicitar á Xunta que sitúe o futuro centro de termalismo de Galicia no Carballiño
O grupo municipal do PP do Carballiño defenderá no próximo pleno unha moción que insta ao Concello a implicarse no desenvolvemento termal de Carballiño, para o que propón facer unhas pozas nas marxes do río Arenteiro ao seu paso polo municipio, buscando a sua mellor localización.
Reivindicación
Os populares tamén instan a solicitar á Xunta de Galicia o Centro de Termalismo de Galicia para Carballiño e traballar polo desenvolvemento termal, “de gran importancia turística e económica”, sinalan. “A vila do Carballiño é especialmente relevante neste contexto, coa súa riqueza en manantiais termais e o proxecto ‘Ourense Termal’ que promove a sostenibilidade e o posicionamento único da provincia como destino termal”, sinala este grupo da oposición, que critica “a escasa importancia que ten para o Concello e o seu nulo desenvolvemento”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último