Os pais do “Calvo Sotelo' afirman que a xornada única sairá gratis

Os pais do 'Calvo Sotelo', na súa comparecencia de onte. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
O colectivo de pais e nais do colexio público 'Calvo Sotelo' do Carballiño, que reivindican a implantación da xornada continua no centro non entenden a postura da Consellería de Educación, 'que nega o noso dereito a convocar un referendo para que nós decidamos encol do cambio do horario lectivo'.
Nunha comparecencia que fixeron ó mediodía de onte na sede ourensá do sindicato UGT, representantes dos pais aseguraron que 'nestes intres, hai unha institución pública que está disposta a sufragar os´60.000 euros de gastos de transporte que a Xunta di supón a entrada en vigor da xornada única ó longo do vindeiro curso académico'.

Ricardo Paz, voceiro da comisión, non quixo revelar cal é a entidade benefactora, 'xa que desexa estar no anonimato e só sairía á luz no caso de que o departamento autonómico aceptara as nosas peticións', sinalou. Namentres, os pais solicitarán unha entrevista oficial co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, 'xa que se comprometeu a avaliar o estudo de custes que lle presentamos e que supón un aforro importante de 300 euros mensuais en gastos de transporte'.

Ricardo Paz adianta que 'o vindeiro setembro, voltaremos a presentar ante a dirección do colexio a nosa iniciativa, que xa contou neste ano co respaldo maioritario do claustro de profesores e do consello escolar do centro, e que os técnicos da Xunta rexeitan'.

Te puede interesar