obras

Piñor aborda as obras de mellora do abastecemento de auga a Marañís

O abastecemento de auga aos núcleos é unha prioridade nas que está a traballar o goberno municipal de Piñor, segundo sinala o seu rexedor

O concello de Piñor puxo en marcha  as obras de mellora da rede de abastecemento do núcleo de Marañís, un proxecto que é froito dun convenio de colaboración asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Piñor. En virtude deste convenio, o organismo autonómico asume o financiamento destes traballos, e que rematarán neste ano 2017. 

A actuación que ten como finalidade mellorar a captación de auga no núcleo de Marañís a través da construción dun depósito regulador e a mellora da canalización existente dende o novo depósito ao pobo, cun importe de 47.400  financiados integramente pola Consellería e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

O Alcalde de Piñor, José Luis González, calificou esta obra moi importante posto que ven a dar resposta a unha necesidade dos veciños do pobo de Marañís que levan demandando dende hai mais de dez anos, que ano tras ano tiñan problemas co abastecemento de auga que se agravaban no verán .

Outros tres proxectos

O abastecemento de auga aos núcleos é unha prioridade nas que está a traballar o goberno municipal de Piñor, segundo sinala o seu rexedor. Entre outras actuacioón abordouse a construción do tanque de abastecemento e canalizacións do pobo da localizada de Asneiros, o tanque de abastecemento do núcleo de Cales e recentemente remataron  as obras para recuperar a canalización de auga na localidade de Fontao, que resultaron totalmente calcinadas no transcurso da recente vaga de lumes que afectou ao Concello, segundo sinala José Luis González.

Te puede interesar