Unha plantade compostaxesustituirá ó'Punto Limpo'

As instalacións do 'Punto Limpo' no monte de A Medela do Carballiño, adicadas ó depósito municipal de materiais de desfeito voluminosos, acollerán a medio prazo unha planta de compostaxe de residuos orgánicos, segundo anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García. O edil nacionalista, que xa adiantara hai uns meses o traslado do citado almacén de lixo non reciclable ata o recinto do Mercado de Gando, situado no barrio de A Uceira, apuntou a viabilidade da posta en marcha dun proxecto de compostaxe, 'que aproveitaría o lixo orgánico xenerado na hostelería e nas actividades agrícolas como talas e desbroces'.
O obxectivo deste plan 'é que teña un custe cero para o Concello carballiñés, de xeito que se poida compensar os gastos de creación da planta de compostaxe coa venda de abono orgánico ós propietarios de cultivos que estén interesados', indicou Bernardo García. O recinto gandeiro da Uceira está infrautilizado na actualidade por falta de afluencia nas xornadas de feira, que, coma onte, estaba baleiro, 'e por iso hai posibilidades de reubicar neste espazo o Punto Limpo, e nese sentido imos traballar o vindeiro ano', sinalou o concelleiro de Medio Ambiente.


NOVOS VEHÍCULOS

Nestas instalacións da Uceira, Bernardo García presentou o parque de automóbiles do seu departamento, que foron adquiridos por 35.000 euros, cantidade que procede da venda dos piñeiros talados no Parque municipal do Carballiño. Trátase de dúas furgonetas para servizo do refuxio de animais e recollida selectiva de lixo; un vehículo adicado á transporte de persoal e unha máquina desbrozadora.

Te puede interesar