O pleno do Concello deberá ratificar a nova ordenación do tráfico no Carballiño

Os tres grupos con representación municipal no Concello do Carballiño -PP, BNG e PSOE aprobaron na última comision informativa os cambios do tráfico rodado nas rúas da vila, quedando fixados para o futuro sempre que o correspondente expediente sexa ratificado pola Corporación. Cabe destacar que estes cambios definitivos inclúen novidades con respecto ós presentados pola Concellería de Tráfico.
‘Dende un principio acordouse implantar pouco a pouco as modificacións e comprobar a eficacia das mesmas, así como escoitar as suxerencias dos usuarios’, sinala o edil de Tráfico e Policía Local, José Antonio Barge Gil. Deste xeito, logo de dous meses de experimentación, as rúas Aldara e Cesareo Tizón manteñen a dirección única cara o cruce de Ribadavia, no que a rúa Juan Corral terá sentido ó colexio público. Ademais, pola rúa San Cibrán só se poderá subir ata Cesareo Tizón.

Avenida do Balneario

Por outra banda, na avenida de Julio Rodríguez Soto os cambios das rúas perpendiculares que a comunican coa avenida do Balneario quedan co mesmo sentido descendente, agás a rúa Brasil, na que se probará durante uns días deixala novamente de subida. O último dos cambios que quedou contemplado no acordo da comisión foi ó da rúa Galicia -estrada a Cabanelasque terá sentido único cara a Casa da Cultura dende o entronque coa estrada que baixa ó Parque.

Te puede interesar