A Polafías de Xirazga xuntou en Doade a máis de 80 persoas

Actuación das pandereteiras. (Foto: LR)
Máis de 80 persoas de todas as idades participaron na Polafías de Xirazga, que se celebrou no local social de Doade, en Beariz. Os veciños do entorno contaron lendas e contos, ademais de interpretar cantigas tradicionais. Entre eles, actuaron as pandereteiras de Alén, que mostraron ó público como se celebraban fai anos as festas, e o contacontos Celso Sanmartín que narrou algunhas historias.
A polafía de Xirazga fai a número 20 das organizadas pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) por todo o país dende o ano 2007.

'A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical', indicaron os organizadores deste encontro.

Nesta ocasión elexiuse unha localidade da Terra de Montes, un entorno onde a música folclórica e a literatura oral conservan o seu espazo.

Te puede interesar