O PSdeG alega contra os presupostos do Carballiño

O grupo do PSdeG do Carballiño presentou no Concello alegacións ós presupostos municipais aprobados inicialmente o pasado 14 de maio. Solicita que se manteña a partida de mantemento de infraestructuras e bens naturais que ata o de agora contaba con 34.000 euros, e tamén unha explicación sobre o 'aluguer e instalación da emisora de radio municipal, que a pesares do peche desta, pasa de 12.000 a 17.508 euros'.
Ademais, os socialistas afirman que o gasto en transporte para Escolas Deportivas aumenta de 18.000 a 32.000 euros, a pesares do anuncio da supresión destes servizos. Tamén consideran excesivo o gasto en publicidade e piden que se informe sobre as subvencións que se destinan ás asociacións de veciños, entre outras alegacións.

Te puede interesar