O PSdeG do Irixo pide explicacións ao alcalde sobre o vertido de lodos en fincas

O grupo municipal socialista do Irixo preguntará no vindeiro pleno sobre a denuncia contra o Concello presentada ante o Seprona polo verquido de lodos procedentes de fosas sépticas nunha finca do Castro de Souteliño e nun camiño de Dadín . O portavoz socialista, Javier Rodríguez, esixirá ó alcalde explicacións 'por este presunto delito medioambiental, que segundo as fotografías das que dispomos, completou días despois intentando ocultalo utilizando equipamentos municipais para elo', engade o concelleiro.
Nese senso, Javier Rodríguez considera que 'o alcalde amosa a súa total falta de sensibilidade e respecto ao noso medio ambiente cunha acción coma esta', afirma.

O rexidor de Irixo, Manuel Penedo, restou importancia ás acusacións, asegurando que 'non ten ningunha importancia, nin xiquera estou moi enterado dese asunto'. Penedo tamén matizou que 'penso que foi algún veciño que pediu lodos para mezclar con purín e abonar o terreno para facer unha plantación'.

O alcalde manifestou que os lodos procedentes das fosas que hai no municipio habitualmente son levados ás instalacións de depuración da Deputación e que 'funcionan bastante ben', puntualizou.

En consecuencia, o mandatario local afirma que non quere entrar en polémica sobre un asunto que 'non ten ningunha importancia', segundo sinalou.

Te puede interesar