O Concello de Maside xestiona a declaración de paraxe natural

O Puzo do Lago dispóndun miradoiro de aves

A empresa Tragsa rematou a execución das obras de acondicionamento da paraxe de O Puzo do Lago, no municipio de Maside, unha zona de interés etnográfico e paisaxístico que sufriu varias agresións nas últimas décadas.
Os traballos, que financiou a anterior Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible con 100.000 euros, consistiron no desbroce de maleza, limpeza de camiños e apertura dun novo sendeiro, ademais da construcción dun miradoiro para a observación das aves que elixen a zona para aniñar.

O Concello de Maside solicitou da Xunta a declaración deste contorno como Espacio Natural de Interés Local (ENIL), que foi aprobada provisionalmente en marzo de 2008 polo citado departamento autonómico. A calificación definitiva depende da elaboración dun proxecto de xestión e conservación medioambiental do Puzo do Lago, que encargou o Concello e que deberá estar presentado na Xunta neste mesmo ano para a súa avaliación.

Te puede interesar