O CARBALLIÑO

Os socialistas piden unha escavación no Castro de Orros

Sinala este grupo da oposición que o pasado 19 de xullo fixeron outra proposta para potenciar o patrimonio arqueolóxico en xeral,

O portavoz do grupo municipal socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción mediante a que insta ao goberno "popular" a promover a escavación, musealización, sinalización e posta en valor do Castro de Orros.

Sinala este grupo da oposición que o pasado 19 de xullo fixeron outra proposta para potenciar o patrimonio arqueolóxico en xeral, e o conxunto das mámoas de Segade, en particular, "moción que se ven a sumar a outras xa presentadas neste sentido como a do pasado 30 de xuño de 2017 para a construción dun parque arqueolóxico". 


Patrimonio


Os socialistas consideran que "O Irixo debería estar no mapa pola súa riqueza patrimonial entre outras moitas cousas, como concello rico en xacementos arqueolóxicos, castrexos, rupestres e, xa máis recentemente, incluso xacementos románicos".

Engade Iago Fariñas que "non debemos esquecer que o Concello do Irixo nos últimos anos ven de facer unha ruta de sendeirismo denominada ‘A ruta dos castros’, que non se limpa, especialmente no verán".

Nese sentido, insiste o socialista en que "a escavación e musealización aportaría información recollida no xacemento que, ben xestionada, podería dar lugar a outros proxectos de posta en valor do noso patrimonio como unha pequena exposición permanente ou museo".

Te puede interesar