A Praza Maior convertirase hoxe no escenario para catro representacións

O teatro afeccionado homenaxeará a Bolaño

Emilio Viéitez, Josi Lage, Pilar Caride, José Prada y Clara Vázquez, ayer en el Concello.
Os tres grupos de teatro afeccionado do Carballiño e a Escola municipal de Teatro rinden hoxe unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, con motivo da celebración das Letras Galegas. Deste xeito, a concelleira de Educación, Pilar Caride, presentaba esta actividade que consiste na representación de anacos de distintas obras, ás 20,00 horas, na Praza Maior.
Clara Vázquez, da aula de teatro do Instituto Chamoso Lamas, referiuse a unha adaptación de 'Cochos' realizada por alumnos e profesores. A actriz Josi Lage manifestaba a súa satisfacción por esta homenaxe na que a Escola municipal presentará dous monólogos: '¿Qué pasaría se os homes se quedaran embarazados' e 'Preguntas trampa'. Ademais, tamén participa a Cofradía de San Miguel da Piteira, con 'Un estudiante de categoría', da que é autor o párroco, Emilio Viéitez. A cuarta agrupación é Tiruleque, que porá en escena un anaco da obra 'Animaliños', do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, según sinalou José Prada.

Te puede interesar