Os veciños de Piñor celebran a súa festa de confraternidade con xantar e xogos

A localidade de A Corna acolle hoxe a quinta edición da ‘Festa dos Veciños’ do Concello de Piñor cun completo programa de actividades coa colaboura das autoridades municipais. Os actos darán comezo ás once da mañá cunha misa na igrexa parroquial de Santa María do Desterro, e o seu remate está prevista unha actuación musical.
A organización, que iste ano recaeu na asociación de veciños da Corna, instalou unha carpa na carballeira situada no entorno da igrexa para a celebración dun xantar de confraternidade. O menú, cun prezo de 15 euros por persoa, está composto por entremeses variados, empanada, mexilóns ó vapor, carne asada, pan, auga, viño, café e licores. O dúo ‘Caché’ será o encargado de amenizar a velada polo serán no campo da festa, onde tamén se desenvolverán xogos tradicionais como chave e petanca para todo tipo de idades.

O alcalde de Piñor, Francisco Xosé Fraga Civeira, sinala que ‘esta é unha actividade na que contamos co apoio dos colectivos veciñais e na que se tenta formentar o asociacionismo entre os veciños e veciñas do municipio, ademais de ofrecer unha xornada de convivencia e lecer’. O rexedor lembra que ‘na edición anterior xuntáronse 270 persoas no festexo veciñal, que foi na localidade de Cotelas, na parroquia de San Mamede de A Canda’.

Te puede interesar