Veciños de Piñor prepáranse para obter as certificacións de profesionalidade

O Concello de Piñor puxo en marcha en decembro do 2010, por iniciativa propia e sen axuda económica exterior, un curso de preparación para presentarse ós exames de finais de xaneiro de 2011 da Xunta, que no caso de aprobar dan a oportunidade de acceder a outros cursos de formación oficiais sin necesidade de dispor da ESO nin do Bacharelato.
No pasado ano beneficiáronse deste servicio municipal un total de catro persoas. Logo de ter lugar os exames de xaneiro, o Concello continuou co curso de preparación sen interrupción durante todo o ano, contando na actualidade con 17 alumnos, a maioría mulleres, que está previsto que se presenten ás probas da convocatoria que terá lugar os días 29 de outubro (nivel 2) e 5 de novembro (nivel 3) en Silleda. Aínda está aberto o prazo para anotarse ata o 28 de setembro.

Por ese motivo, o alcalde de Piñor, o socialista Francisco Fraga, manifestaba a súa sorpresa polo anuncio do rexedor do Carballiño, Argimiro Marnotes, de que se iban a organizar na vila as clases preparatorias para o mesmo examen. 'Presentou a iniciativa coma una experiencia piloto na provincia, cando nós xa o vimos facendo dende decembro do pasado ano e sen axuda da Deputación, coa que conta Carballiño', matizou Fraga. As competencias clave son os requisitos formativos que asegurarán que os alumnos posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a formación correspondente ós novos certificados de profesionalidade. Estas competencias comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento tales como comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá ou competencia en matemáticas, entre outras, e precísase facer un exame de cada unha delas para superalas. Ademais, dende fai varios anos, este concello está a desenvolver as clases preparatorias para obter o Graduado Escolar e a ESO.

Te puede interesar