Un vídeo promocionará a Residencia do Tempo Libre

O alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, prevé recibir nesta semana o vídeo promocional da Residencia do Tempo Libre para iniciar canto antes a campaña de difusión a través da web do Concello e mediante un enlace na páxina da Consellería de Traballo e Benestar co fin de dar a coñecer as instalacións, entorno e precios de estancia no referido establecemento.
O obxectivo é que a residencia consiga a demanda necesaria para mantela funcionando durante oito meses no 2014, segundo o compromiso da Xunta.

O grupo socialista solicitou un pleno extraordinario e monográfico para que o alcalde explique os pasos que se están dando para a promoción, e despois de que o rexidor se negara a debatilo no último pleno. Marnotes anunciou que proporá a oposición abordar o asunto na próxima sesión ordinaria.

Te puede interesar