A Xunta rexeita arranxar as pistas sen dobre vía en Maside

O Concello de Maside só recibirá axuda económica do Plan de Infraestructuras no Rural (Peim) para o arranxo de dúas das cinco pistas que tiña solicitadas, debido a que as outras tres non reúnen o ancho suficiente. O alcalde, Celso Fernández, suliñou que técnicos da Consellería de Medio Rural comunicáronlle que a nova normativa para este tipo de obras só permite subvencións para as pistas cun mínimo de 4,5 metros de amplitude.
No caso de Maside, o Concello pedira a inclusión dos enlaces do colexio público coa estrada N-541 e de ésta co Puzo do Lago; de O Lago a Amarante; de Montegrande a Reviñas e unha rúa no pobo de Faquín. Nembargantes, os técnicos só autorizaron os tres primeiros proxectos, 'que se trata xa de estradas consolidadas como tales dende hai moitos anos', indicou o rexedor socialista.


PERXUICIOS

Celso Fernandez manifestou o seu malestar polas novas directrices do departamento autonómico, 'xa que nas aldeas do rural non hai camiños ou pistas que sobrepasen os tres metros de ancho'. O alcalde engaidu que 'con estas medidas, os que van ser perxudicados son os propios veciños do municipio, que non van dispoñer de vías de comunicación axeitadas para que os seus pobos medren e non perdan habitantes'. Pola súa banda, fontes da Consellería de Medio Rural aseguraron que 'o ancho das pistas non infúe na tramitación dos proxectos de acondicionamento, se ben iste primarase naquelas que xa teñen dobre dirección, é dicir, que poidan circular dous vehículos en ambos sentidos'.

Te puede interesar